Cousas da Galiza

encontrados: 4, tiempo total: 0.099 segundos rss2
13 meneos
15 clics
A Xunta exclúe a central maioritaria, a CIG, da súa xuntanza con sindicatos e patronal para abordar o desconfinamento

A Xunta exclúe a central maioritaria, a CIG, da súa xuntanza con sindicatos e patronal para abordar o desconfinamento

A CIG considera moi grave que a Xunta ignore a primeira central sindical en Galiza da convocatoria das reunións que este mércores teñen lugar para tratar a situación laboral, económica e social do país en pleno proceso de 'desescalada'. A actuación do Goberno galego, co seu presidente Alberto Núñez Feixoo á cabeza, constitúe un exercicio de sectarismo que vulnera o dereito á representación dos miles de traballadores e traballadoras galegas que teñen apostado pola CIG.

O secretario xeral, Paulo Carril, denuncia que se aparte de maneira tan burda á CIG e que se desprecen as propostas socioeconómicas e laborais que a central nacionalista ten elaboradas para afrontar o proceso de retorno á actividade e as problemáticas existentes na crise derivada da emerxencia sanitaria.
10 3 0 K 34
10 3 0 K 34
2 meneos
3 clics

Inspección di que a volta do persoal aos centros educativos o 11 de maio foi "improcedente"

A CIG-Ensino amosouse contraria a esa reincorporación por non asegurar “claras garantías sanitarias”, e denunciou á Consellaría de perante a Inspección de Traballo porque "a reincorporación naquela altura non foi negociada, como era preceptivo, coa representación sindical".
3 meneos
3 clics

A CIG faise coa maioría absoluta no comité de Amazon en Porriño a primeira vez que se escolle representación

A FGAMT-CIG fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar na central loxística e de distribución que Amazon ten no polígono porriñés da Granxa ao lograr 4 dos 5 delegados/as do comité de empresa a primeira vez que se escolle representación. No proceso que tivo lugar recentemente no centro de traballo porriñés de Amazon a central sindical colleitou 60 votos do total de 83 emitidos (dun censo de 96 persoas), mentres que un sindicato independente, o único que foi quen de presentar candidatura ademais da CIG.
15 meneos
24 clics

Manifestación en Compostela en defensa do mar  

Santiago de Compostela completamente desbordado pola manifestación en defensa do noso mar e contra a nesfasta xestión da Xunta na crise dos pellets. Vídeo de parte do percorrido da xente que encheu o Obradoiro. 21/1/2024.

menéame