Teresa Táboas vén de ser elixida membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos na 28ª Asemblea Xeral desta organización, celebrada durante o pasado mes de xullo. A candidatura de Táboas foi presentada e defendida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) e complétase coa designación de Ángela Baldellou, actual directora do Observatorio 2030 do CSCAE, en calidade de suplente. A UIA é unha organización internacional non gobernamental que une ás federacións nacionais de arquitectura. Os seus obxectivos céntranse en promover unha arquitectura de calidade para…