Cousas da Galiza

encontrados: 4, tiempo total: 0.014 segundos rss2
5 meneos
3 clics

Nestor Rego decide quedar en Madrid

"Após asistir esta semana a dúas reunións da Xunta de Portavoces do Congreso, decidín ficar en Madrid. Estou perfectamente, mais acho que é a decisión correcta, por prudencia e por responsabilidade para cos meus, coa miña xente e co meu País. E aquí permanecen, ao pé do canón, traballando desde a casa, @ares_bego e @comumola, a equipa do Bloque no Congreso".
2 meneos
2 clics

Sentenciado a cen días de cárcere un veciño de Vilagarcía que incumpriu o confinamento polo coronavirus

O home xa fora sancionado tres veces durante o estado de alarma, este xoves volveu saír á rúa sen motivo e este venres enfrontouse a un xuízo rápido no que a condena foille condicionada a que non delinca novamente en tres anos.
3 meneos
9 clics

Vigo, á cabeza en contaxios, conta con policlínicos e hospitais fechados

O número de contaxios por coronavirus na área de Vigo aumentou 24% até chegar aos 633 casos positivos, segundo os últimos datos da Xunta. É precisamente esta a cidade que viu fechar máis centros sanitarios, entre eles o Policlínico Cíes e o Hospital Xeral. Estas infraestruturas sen utilizar suman un total de 517 camas. SOS Sanidade Pública empraza a Xunta de Galiza a telo en conta, posto que o Goberno galego asegurou que estaba en busca de hoteis para os habilitar con recursos sanitarios ante un eventual pico da pandemia.
19 meneos
120 clics
Envío erróneo o controvertido, por favor lee los comentarios.
O PPdeG “celebra” a súa "vitoria" nas eleccións de hoxe, suspendidas hai 3 semanas polo coronavirus

O PPdeG “celebra” a súa "vitoria" nas eleccións de hoxe, suspendidas hai 3 semanas polo coronavirus

O secretario xeral do Partido Popular da Galicia di que é unha “honra” e un “orgullo” os resultados dunha enquisa que analiza a intención de voto nestes días e que outorga ao seu partido 44 escanos. A día de hoxe, domingo 5 de abril, Galiza supera as 5.000 persoas infectadas por este virus, máis de mil hospitalizadas, 169 delas na UCI, e a cifra de vítimas mortais está en 216.
9 10 7 K 54
9 10 7 K 54

menéame