Investigadores de diversos países participaron no estudo publicado na revista ‘Global Ecology and Biogeography’ e que se centra no eucalyptus globulus, moi presente na Galiza. Daniel Montesinos, do Centro de Ecoloxía Funcional da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra ( FCTUC) é un dos participantes na investigación, na que tamén tomaron parte estudosos da Australia, Chile, dos EUA e da India.
Os especialistas avaliaron a biodiversidade vexetal presente en eucaliptais da especie 'Eucalyptus globulus', tanto na súa área nativa, Australia, como en todo o…