13 meneos
15 clics
![A Xunta exclúe a central maioritaria, a CIG, da súa xuntanza con sindicatos e patronal para abordar o desconfinamento](cache/32/87/media_thumb-link-3311383.jpeg?1589533503)
A Xunta exclúe a central maioritaria, a CIG, da súa xuntanza con sindicatos e patronal para abordar o desconfinamento
A CIG considera moi grave que a Xunta ignore a primeira central sindical en Galiza da convocatoria das reunións que este mércores teñen lugar para tratar a situación laboral, económica e social do país en pleno proceso de 'desescalada'. A actuación do Goberno galego, co seu presidente Alberto Núñez Feixoo á cabeza, constitúe un exercicio de sectarismo que vulnera o dereito á representación dos miles de traballadores e traballadoras galegas que teñen apostado pola CIG.
O secretario xeral, Paulo Carril, denuncia que se aparte de maneira tan burda á CIG e que se desprecen as propostas socioeconómicas e laborais que a central nacionalista ten elaboradas para afrontar o proceso de retorno á actividade e as problemáticas existentes na crise derivada da emerxencia sanitaria.

|
comentarios cerrados
www.nosdiario.gal/articulo/traballo/xunta-exclue-central-maioritaria-c