Cousas da Galiza
26 meneos
298 clics
“O feísmo galego non existe, é un debate culpabilizador e interesado que xorde dun medio de comunicación”

“O feísmo galego non existe, é un debate culpabilizador e interesado que xorde dun medio de comunicación”

Os profesores X. Manuel Santos Solla e Ma de los Ángeles Piñeiro Antelo veñen de publicar un traballo moi crítico sobre a campaña contra o chamado ‘feísmo’ na Galiza. É esta a terra do feísmo? Que é feísmo? Existe? Para o catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) non existe. Trátase, na súa opinión, dun concepto ideado para unha campaña de “culpabilización” do rural galego artellada desde elites urbanitas para ir alén do estético e situarse no plano do poder.

| etiquetas: santos solla , piñeiro antelo , feísmo , usc , xeografía
12 14 0 K 45
12 14 0 K 45
  1. A ver si la gente de los caseríos va a tener que pedir perdón por primar lo práctico y no decorar sus casas como la del abuelo de Heidi para que la gente de ciudad pueda sacarse fotos.

    Ni siquiera es un fenómeno puramente gallego. Aquí en Euskadi se nota a la legua cuál es un caserío-caserío y cual es la casa de alguien que no vive precisamente del campo.
  2. Home, el feismo galego existe, sólo hay que ver los diseños de las casas del rural por lo general y, sobre todo esa pintura azul que muchas lucen, o el reciclaje extremo, que de ahí viene el dicho "eres más gallego que un somier cerrando una finca"
  3. Y una puta mierda hombre, joder, cada vez más tonterías hay que oír. Ahora recebar cutremente las paredes de piedra con cemento del malo, poner las casas sobre pilotes vistos "por si algún día hago el piso de abajo", dejar visto ladrillo que no está hecho para ser visto, pintar de la forma más hortera posible (y el más barato acrílico que antes descame) la casa o usar el guerrero celta que encontraste en el yacimiento del prado para aguantar el cocho de los cerdos va a ser lo cabal y lo propio, no te jode. Luego eso sí, aparcado delante de la chabola de pesadilla un Tuareg o más.
    Como no tenemos el país lleno de becerros, ahora hay que darles la razón, a ver si se animan más.
  4. #3 Sobre o guerreiro celta na corte dos cochos, imaxino que te refires ao da cabeza do torques de Taboadela. Casualmente, hai un feito curiosísimo sobre os castros, que por algún motivo se identifica a idade do ferro galega con algo identitario (cousa que non pasa en toda Europa), e os galegos non ocuparon o espazo das croas nos castros: sempre que edifican é arredor (o mesmo que non se obra nos adros ou nos cemiterios), e non adentro dos castros (coma en Elviña, xa que es coruñés, e no resto do país).

    E non nego que hai moito 'becerro', pero tamén moita xente que obra como pode, que receba as pareces con cemento porque se puxo de moda non encalar, e que usa un somier porque... a onde o vai tirar, e por que, se pode facer outra función? O artigo é interesante porque contrarresta a visión urbanita de La Voz de 'todo es feísmo', mentras non cuestionan que mais feismo sexa todo inzado de eucaliptos.
  5. #3 #4 * O artigo e a entrevista son interesantes.
  6. #2 El dicho que no he oído nunca.
  7. #1 Nadie tiene que pedir perdón, cada uno decora su casa como quiere. Pero si su casa es fea, no vamos a decir que es bonita como pretende el catedrático. No hay problema con el feísmo gallego, pero existir existe.
  8. #4 Agora vai ser tamén que non se fala dos eucaliptos en Galiza, vaia home... O que se dá en chamar feísmo, feo a esgalla e que non só afecta ao rural (se non tamén ao urbano e ás institucións), xa que estamos a falar, existe e non ten nada de tradicional nin de enxeñoso aproveitamento dos recursos, senon ca deixadez. Non hai máis que ir a calquera vista dunha estrada do país, así ao chou en google maps, non escollín o concello nin me movín máis de dous clicks para atopar isto:

    www.google.com/maps/@43.2336577,-7.5533692,3a,51.2y,84.26h,87.21t/data

    Que carallo se está a aproveitar desa colleitadora vella? Se hai un pendello detrás, por que non se garda dentro para que non quede apodrecendo? Con que criterio se decidiu cambiar o bloque polo ladrillo na parede de diante? Por que hai 4 paus da luz nunha leira? O palé que está apoiado ao lado do carro cumpre algunha función? E os vacíos que hai ao fondo, xa non imos falar de que fan aí, pero non se podían poñer ordeados (non chega a 5 minutos de tractor)?

    Todo iso que se ve aí (e podemos seguir estrada abaixo, eh!) non ten nada que ver con modas, aforrar, ou aproveitar, ten que ver cunha cultura de deixadez, porque se soluciona a maior parte con tres tardes de traballo e 2 depósitos de VW Golf.
  9. #1 Hace un par de años fui al BBK y fuimos en caravana. Pues llegando a Bilbao vimos una finca con un cierre hecho con un somier, un clásico de la Galicia rural. Nos llamó la atención precisamente porque en general la zona que va de Asturias hasta Euskadi parece que no hay tanto reciclaje como por aquí.
  10. #8 Ninguén nega os exemplos que ti pós, só que non son galegos en exclusiva, o entrevistado di que os tén visto por Europa adiante e Canadá, e que en todo caso responden a unha economía de subsistencia. Tampouco se nega que hai xente simplesmente con mal gosto.

    Dos eucaliptos non é que non se fale, é que La Voz (quen impulsou aquelas galerías sobre o feísmo) non os critica.
  11. #10 Fai tempo abondo que non leo La Voz como para non saber se os critica ou non, pero que é unha crítica habitual dentro da sociedade de Galiza é innegábel. Está claro que o feísmo, ou deixadez, non é exclusivo de Galiza, pero si que é característico e problemático aquí. E aínda que poida estar xerado ou amplificado por unha economía de subsistencia, en Galiza exténdese moito máis aló, a estratos sociais que non viven nesa situación e tamén a efectos concretos que non se poden relacionar coa necesidade: Ser ordeado non custa nada e en calquera almacén onde mercaches 8 palés de ladrillos fanche o troco do que che sobrou de face-lo garaxe por un de bloques se o precisas para a parede que lle faltaba ao galpón.
  12. #11 Moito dese "feísmo" pódese arranxar con planos de ordenación urbanística e normativa, sobre recebados, sobre tipoloxías... e sobre arborado autóctono. La Voz foron os que puxeron de moda o termo, hai anos.
  13. #0 Os collóns xD
    Isto podo velo cada vez que saio da casa:

    - Ladrillo sen lucir.
    - Ladrillo mal lucido con manchas de humidade.
    - Teito sen rematar (plano)
    - Pilar de formigón á vista
    - Uralita gris, rota e/ou chea de manchas de humidade
  14. A ver, hace medio siglo el feísmo gallego era marca de identidad, han pasado los años y la cosa sigue igual y ahora resulta que es un invento de algún medio de comunicación ¡mis cojones!
  15. #13 Ninguén nega todos eses casos. Tamén hai casos de picaresca, demorando a finalización da obra xa que mentras non pagan IBI ou outros temas. Moitos deses casos son máis pobreza que feísmo, e como dixen podíanse resolver con PXOUs e normativas. No Brasil aínda é peor, non é que poñan uralita, é que lles envían a contaminada con amianto.
  16. #12 se se pode arranxar é que existe un problema. Poñer o foco en que La Voz puxo de moda o termo paréceme desviar a conversación a un lugar que non vai aportar nada. Levo escoitando xente queixarse das bañeiras nos prados (cousa que a min non me parece necesariamente perniciosa se se fai ben, como por exemplo enterrada, que tamén é mellor para beber o gando e non costa cartos a quen ten medios para manter vacas) dende moito antes de que La Voz empezase a falar do tema, así que o problema existía. La Voz púxolle nome... Pois moi ben, entón, como La Voz non nos gusta, miramos para outro lado... Non me convence a estratexia.
  17. Es un debate interesante, me recuerda un pasaje del antropólogo inocente (un libro muy divertido) en el que el protagonista (el antropólogo) contaba que los de la tribu con la que vivía alucinaban de que guisara con sus ollas tradicionales teniendo dinero para comprarse unas más modernas, entendiendo que las tradicionales eran una cutrada, y cuando volvió a Inglaterra, los ingleses alucinaban también pero en su caso porque pensaban que esas ollas tradicionales eran demasiado valiosas para usarlas y eran un objeto de exposición.
  18. #5 O que son e demenciais. E por varios motivos:
    -O primeiro, que fala do feismo como se fose privativo do rural, cando menos en Santiago, máis nas outras sete cidades, e un fenómeno urbán ben asentado, coñecido e criticado.
    -O segundo, por ligalo a pobreza, cando logo resulta que podes ver diante deses adefesios vehículos de alta gama, ou a cultura, cando se o dono polo que sexa precisa dar imaxe (transformando por dicir un caso o chabolo en casa rural) ben que sabe o que facer para que quede feitiña, enxebre e resultona.

    Que non falamos da casa de toda vida duns velliños octoxenarios nun cumio calquera, senon de algo xeneral a todos os niveis adquisitivos.

    PD: De feito o que menos carraxe me da e pechar un prado co somier, iso e como ensilar cos neumáticos, e si que o entendo como aproveitamento, non moi diferente de pechar a finca con paus e botarlle un pastor eléctrico.
  19. #7 Si hai problema. Tua casa é tua, mais a paisagem é de todos. Se montas uma casa que nom queda bem, lógico que a gente proteste. Por isso existem plans. Moitas vezes é simplesmente falta de conhecemento, porque pode-se dar resposta a problemas de jeito "menos feio" sem necesidade de fechar um cancelo com um metálico (por exemplo, com quatro táboas temos um cancelo que nom quede de pena).
  20. #18 Non sei se o entendeches ben, seguramente os autores estarían bastante dacordo contigo. Eles non falan do feísmo como só do rural, din que os medios, en particular a campaña dun deles, son os que o identifican así. Eses medios que non falan de feísmo para se referir á desfeita da arquitectura do XIX en Vigo, ao derrubamento do edificio Castromil, aos mamotretos da Coruña, á falta de prazas, e de espazos verdes, e de fragas e arborado autóctono, etc.

    Eis a segunda parte: www.galiciaconfidencial.com/noticia/142900-polemica-redes-sociais-feis
  21. #20 Pois se a chave e sinalar ao panfleto de Sabón, ahí estamos de acordo todos.
  22. #21 Pois tamén, podían ter chamado feísmo galego a isto: m.youtube.com/watch?v=EyN-v3-FXMo
  23. Pois a min parecenme todas igual de feas.
  24. Justificando lo cutre, lo "dejao", lo feo y encima poniéndlo como valor.
  25. Evidentemente o feísmo non é so cousa de Galicia. Pero claro que existe. E é debido a varios factores:

    - Economía de subsistencia. Está ben pedirlle a alguén que arrexunte a pedra, cando case vive do que sembra. "Antes facíase". Sí, pero antes tamén era moito máis barato.
    - Abandono do rural (económicamente falando) por parte das diferentes administracións.
    - Abandono do rural (arquitectónicamente falando) por parte das diferentes admnistracións. Pautas, esixencias e axudas.

    Obviamente, nas aldeas, có concepto idílico de aldea, parroquia, lugar, onde esperamos ver casas de pedra do país e non bloque e ladrillo, nótase moito máis que nun pobo. Pero pasade por calquer vila-cidade galega, e veredes o mesmo pero máis grande e máis alto.

    ¿O feísmo galego existe? Sí. ¿O feísmo é único de Galicia? Non, claro. Pero Galicia está de bulldozer, o monte eucalipto e o rural de ladrillo e bloque sen revestir. E xa non ten freo nin solución. A min cada vez que alguén coméntame que Galicia é bonita, penso que a amplia maioría non, que é un desastre. E que o que queda bonito, pouco durará.

    Pero vamos, negar o feismo patrio, é como negar o queixo ou viño do país porque existen en máis lugares.
  26. #19 lo qué?
  27. #22 Teño que disentir. A arquitectura perdida de Vigo ou o edificio Castromil, por aberrantes que sexan, non son en absoluto un reflexo do mesmo fenómeno que xera o feísmo (ben ou mal chamado), senon dun mal entendido progreso. Haberá actuacións nas que se xunten ambos, non vou dicir que non, mais son fenómenos que, aínda que atenten contra o patrimonio, parten de lugares ben distintos. Tampouco é un fenómeno exclusivo de Galiza, e de feito dáse con moita máis virulencia noutros lugares.

    Ambos son problemas que debemos recoñecer que existen no país como primeiro paso para poder atallalos. Iso si, o feísmo é máis habitual e máis característico (por sorte, porque o outro é máis difícil de recuperar, o feo con tiralo chega, aínda que coste cartos).
  28. #27 Parte do debate é o mesmo termo en si. O que fixeron ao tirar o edificio Castromil, o edificio novo, toda a remodelación da praza, a recondución do tráfico enchendo de coches todo arredor do casco vello... Iso é feo.

    Polo demais, si, iso non é galego en exclusiva, e ao que La Voz chama feísmo, tampouco.
  29. #28 Tiraron o Castromil -> MAL! Fixeron algo feo no sitio -> MAL tamén! Pero cousas distintas.
  30. #29 Distintas... e feísticas. ;)
comentarios cerrados

menéame